RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Sánchez entra na recta final da súa recuperación

Pepe Sánchez entrou na recta final da súa recuperación. Esta mañá, o defensor andaluz fixo unha parte do traballo co grupo no primeiro adestramento da semana previo á próxima cita no grupo 1º de Primera Federación, o sábado 6 de maio ás 17:00 h en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv) ante o AD Alcorcón.

Agora, os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño agardarán á súa evolución nos próximos días para comprobar se Pepe Sánchez está en condicións de entrar na convocatoria para o choque ante os madrileños.

Con Trilli en casa con febre e o xuvenil Diego Gómez no grupo, Óscar Cano dispuxo nunha calorosa mañá en Abegondo un quecemento, rondos, un primeiro exercicio táctico e fútbol reducido, de alta intensidade, para concluír.

Alberto Quiles, á espera de ser intervido cirurxicamente mañá xoves en Quirónsalud A Coruña, presenciou o traballo dos seus compañeiros a pé de campo, acompañado polo médico e fisioterapeutas do primeiro equipo.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.