Pepe Sánchez incorpórase a un grupo que está "con moitas ganas de que chegue o sábado", segundo apunta Quiles
Pepe Sánchez incorporouse aos adestramentos co grupo nunha mañá de menor carga física, como é habitual dous días antes de cada partido.
O central deportivista completou todo o traballo após superar unhas molestias nun aductor que lle impediron viaxar a Talavera de la Reina e serán agora os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño os que determinen se Pepe Sánchez está en condicións de competir este sábado 25 de febreiro ás 17:00 horas (TVG-2 e InSports.tv) en ABANCA-RIAZOR ante o CD Badaxoz.
Óscar Cano, despois duns rondos, dispuxo esta mañá un exercicio de posición e unha tarefa de finalizacións para concluír.
Alberto Quiles, en rolda de prensa, manifestou aos medios de comunicación que o equipo "onte empezou a traballar o partido, hoxe tamén o traballaremos, con moitas ganas de que chegue o sábado para conseguir os 3 puntos en ABANCA-RIAZOR".
Jaime, Svensson e Kuki Zalazar seguen con adestramento personalizado supervisado polo readaptador, Alejandro Canosa. A eles uníronselles hoxe Antoñito, cunha gastroenterite; Pablo Martínez, cunha contusión nunha coxa; e Mario Soriano, cun golpe nas costas.
Dani Barcia e o xuvenil Diego Gómez foron hoxe a representación de #ANOSACANTEIRA.
Mañá venres, o Dépor, que se ía a adestrar en ABANCA-RIAZOR a partir das 10:30, farao finalmente en Abegondo. O motivo deste cambio son as choivas previstas para as próximas horas que poden prexudicar ao céspede do Estadio de cara ao partido se hai actividade previa.