RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Sánchez na súa presentación asegura ver un vestiario "moi san" e con "moita competitividade interna"

José Sánchez Martínez, máis coñecido como Pepe Sánchez (Linares, Xaén, 2 de marzo de 2000), foi presentado esta mañá en Abegondo como novo xogador do Dépor para o que resta de temporada, cedido polo Granada CF.

En primeiro lugar posou para os medios gráficos no campo principal da Cidade Deportiva acompañado polo Presidente, Antonio Couceiro.

A continuación, o defensor branquiazul púxose a disposición dos medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo.

Confesa que desde a súa chegada o luns "estiven un pouco visitando a cidade. Faláronme moi ben da Coruña e a verdade que é moi bonita".

O futbolista andaluz afirma que en Abegondo "o equipo colleume súper ben. Vese que hai un vestiario moi san e seguro que imos facer cousas moi bonitas".

Após debutar en San Fernando nos últimos minutos o pasado domingo, sostén que "hai que estar preparado e para o que o míster diga. Aproveitar a oportunidade que che dean e nada máis".

Admite que a incorporación ao Dépor, o sábado en Puerto Real, "foi un pouco con présa. Porque a min me avisaron que xa estaba todo pechado o día de antes e eu súper ilusionado con vir aquí. Fun a Cádiz, cheguei alí e a adestrar".

Preguntado polo cadro, Pepe Sánchez opina que "liña por liña é súper competente e hai moita competitividade interna. Iso é o que leva ao equipo a dar a mellor versión de si".

Sobre o seu xogo, explica que "cando xoguei ao máximo nivel, por así dicilo, foi de lateral dereito. Non son un lateral como os que hai agora, de ida e volta, pero o primordial é defender e cando se poida tamén se sobe".

Nesta liña, presume de que "a min me gusta moito defender. Son máis de defender a verdade".

Despois de acumular partidos en Primeira, Europa League, Segunda División e Primera RFEF, "agora mesmo está todo moi igualado. Cada vez os equipos saben ao que xogan e está igualado todo".

Pepe Sánchez acepta en ABANCA-RIAZOR "o rol que que me toque. Xa sexa titular, suplente eu sempre vou dar o mellor de min, e as oportunidades que me veñan, pois aproveitalas ao máximo".