RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Primeiro adestramento de Pedro Mosquera co grupo

Pedro Mosquera deu un paso máis esta mañá na súa recuperación, ao completar con normalidade o seu primeiro adestramento co grupo tras a súa lesión no cuádriceps. Os Servizos Médicos do RC Deportivo comprobarán o seu estado físico despois do adestramento de mañá martes en Riazor (10:30 horas), para decidir se o centrocampista coruñés recibe ou non a alta médica.

Así pois, a pouco máis de 48 horas do partido ante o Granada en Riazor (mércores 5 de abril ás 20:30, Bein Sports), só Kakuta está á marxe do grupo, con tratamento médico e de fisioterapia.