Resultados a fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con pleno de triunfos
Hoxe domingo 13 de abril xogáronse 2 partidos en ANOSACANTEIRA feminina, ambos os resoltos con vitoria na Torre: o Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) ante o Lóstrego CF B (1-0) e o Orzán SD Xuvenil ante o Sporting Meicende (8-1).
O partido do Dépor ABANCA B onte sábado 12 de abril no campo de A Reigosa ante o PM Friol foi o choque destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.
As branquiazuis impuxéronse por 1-2 a un equipo da zona alta da táboa no grupo 1º de Tercera Federación.
Os goles foron obra de Lucía Mariño e Michi Apóstol para manterse nos máis alto da categoría a falta de 3 partidos, con 1 punto de vantaxe sobre o Olímpico de León.
Completaron a xornada do sábado os triunfos do Orzán SD Cadete ante o Sporting Cambre (10-1), o do Orzán SD Infantil A ante o EFF Sonnoia Portus Apostoli (7-0) e o do Orzán SD Infantil B ante o Sporting Burgo (1-3).
ANOSACANTEIRA feminina celebra a convocatoria de Antía Veiga e Claudia Sande para dous partidos coa selección española sub-16 ante Estados Unidos en Alicante o sábado 19 e o luns 21 de abril.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Tercera Federación 27ª xornada: PM FRIOL 1 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Lucía Mariño e Michi Apóstol)
Primera Autonómica 27ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 1 (Dunia Dahmouni) - LÓSTREGO CF B 0
Segunda Autonómica 27ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 8 (Alexia Freire -3-, Marta Moreno -2-, Martina Santamarina -2- e Sofía Rodríguez) - SPORTING MEICENDE 1
Liga Galega cadete 22ª xornada: ORZÁN SD CADETE 10 (Marta Moreno -2-, Sofía Rodríguez -2-, Cloe Allegue, Carolina Lago -2-, Carmen Couto, Antía Losada e Sarai Martínez) - SPORTING CAMBRE 1
Liga Galega infantil, segunda fase Grupo 1A: ORZÁN SD INFANTIL A 7 (Lara Vázquez, Alba García -4-, e Telma García -2-) - EFF SONNOIA PORTUS APOSTOLI 0
Grupo 2A: SPORTING BURGO 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 3 (Sasha Abigail, Carlota Porteiro e Nerea Cruz)