Semana atípica de competición para ANOSACANTEIRA marcada pola festividade da Semana Santa.
Hoxe martes 15 de abril xogáronse dous encontros.
O Xuvenil B venceu por 2-3 ao Porriño Industrial en partido correspondente á 18ª xornada disputada o pasado mes de xaneiro que foi suspendido no seu día polo temporal.
Trillo, Samba e Gael puxeron en vantaxe por 0-3 aos branquiazuis, pero os porriñeses recortaron diferenzas antes do descanso. Na segunda metade non se moveu o marcador.
Con este triunfo, os branquiazuis recuperan o liderado da Liga Nacional: suman 71 puntos por 70 o RC Celta.
E o San Tirso SD Cadete adiantou no Monte o seu partido ante o CD Conxo Santiago correspondente á 27ª xornada da División de Honra fixada para o 26 e 27 de abril.
Gañaron os 'verdes' por 3-1, que suman así 47 puntos afianzados na 6ª praza.
Mañá mércores 16 o Infantil mídese ao Pabellón Ourense CF ás 18:00 no campo de herba sintética de Abegondo en partido correspondente á 28ª xornada na División de Honra prevista para o sábado 17 de maio.
Os branquiazuis son segundos na táboa con 64 puntos, a 3 do líder, o RC Celta.
Para a fin de semana queda o encontro do Fabril en Abegondo ante o Salamanca CF UDS, previsto para o sábado 19 de abril ás 17:00 en Abegondo (YouTube RC Deportivo).
Os fabrilistas queren amarrar a 5ª praza, agora na súa poder, que dá dereito a disputar o play off de ascenso á Primera Federación.
O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.
A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar as localidades. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até este martes 15 de abril ás 23:59 h.
A partir dese momento, se houbese asentos aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Teñen descanso ligueiro esta semana Santa o Xuvenil A, que chega a este parón á fronte da División de Honra; o Cadete, San Tirso SD Infantil, Alevín de fútbol 11, Alevín A, Fabril FC Alevín e os dous equipos benxamíns.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
32ª xornada: FABRIL - SALAMANCA CF UDS, o sábado 19 de abril ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 3. Real Avilés Industrial (un partido menos), 51 puntos; 4. Real Ávila CF (dous partidos menos), 49 puntos; 5. Fabril, 48 puntos; 6. UP Langreo (un partido menos), 45 puntos; 7. Bergantiños CF, 43 puntos...
Categoría xuvenil
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 69 puntos; 2. RC Celta, 68 puntos; 3. Sporting de Gijón, 57 puntos...
18ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL 2 - XUVENIL B 3 (Trillo, Samba e Gael)
Clasificación da liga Nacional: 1. Xuvenil B, 71 puntos; 2. RC Celta B, 70 puntos; 3. Racing de Ferrol, 58 puntos...
Categoría cadete
27ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 3 (Jurgen -2- e Nico Giovanni) - CD CONXO SANTIAGO 1
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 76 puntos; 2. Cadete, 71 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 51 puntos; 4. Arosa SC e SD Compostela, 49 puntos; 6. San Tirso SD Cadete (un partido máis), 47 puntos; 7. Pabellón Ourense CF, 42 puntos; 8. Ural Español e CD Areosa, 38 puntos... 16. CD Conxo Santiago, 15 puntos...
Categoría infantil
28ª xornada: INFANTIL - PABELLÓN OURENSE CF, mañá mércores 16 de abril ás 18:00 en Abegondo (campo de céspede sintético)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 67 puntos; 2. Infantil, 64 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 52 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 48 puntos; 6. San Tirso SD Infantil, 39 puntos; 7. CD Lugo, 34 puntos...
Categoría alevín
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Alevín, 16 puntos; 2. CD Calasanz (un partido menos), 15 puntos; 3. CD Lugo e Ural Español CF (un partido máis), 14 puntos; 5. Victoria CF e Racing de Ferrol (un partido máis), 13 puntos...
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, grupo A: 1. Alevín A, 12 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 6 puntos...
Clasificación do Torneo Delegación, grupo A: 1. Fabril FC Alevín (un partido máis), 12 puntos; 2. UD Carral, 4 puntos...