Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfo do Dépor ABANCA B en Friol; e calendario deste domingo, con dous partidos na Torre
O partido do Dépor ABANCA B este sábado 12 de abril no campo da Reigosa ante o PM Friol é o choque destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.
As branquiazuis impuxéronse por 1-2 a un equipo da zona alta da táboa no grupo 1º de Tercera Federación.
Os goles foron obra de Lucía Mariño e Michi Apóstol, para manterse nos máis alto da categoría a falta de 3 partidos.
Completaron a xornada do sábado os triunfos do Orzán SD Cadete ante o Sporting Cambre (10-1), o do Orzán SD Infantil A (na foto inferior) ante o EFF Sonnoia Portus Apostoli (7-0) e o do Orzán SD Infantil B ante o Sporting Burgo (1-3).
Para este domingo 13 quedan dous partidos na Torre: o Orzán SD Sub-21 ante o Lóstrego CF B (18:00 no campo 2) e o do Orzán SD Xuvenil ante o Sporting Meicende (16:00 no campo 1).
ANOSACANTEIRA feminina celebra a convocatoria de Antía Veiga e Claudia Sande para dous partidos coa selección española sub-16 ante Estados Unidos en Alicante o sábado 19 e o luns 21 de abril.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Tercera Federación 27ª xornada: PM FRIOL 1 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Lucía Mariño e Michi Apóstol)
Primera Autonómica 27ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - LÓSTREGO CF B, este domingo 13 de abril ás 18:00 na Torre (campo 2)
Segunda Autonómica 27ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - SPORTING MEICENDE, este domingo 13 de abril ás 16:00 na Torre (campo 1)
Liga Galega cadete 22ª xornada: ORZÁN SD CADETE 10 (Marta Moreno -2-, Sofía Rodríguez -2-, Cloe Allegue, Carolina Lago -2-, Carmen Couto, Antía Losada e Sarai Martínez) - SPORTING CAMBRE 1
Liga Galega infantil, segunda fase Grupo 1A: ORZÁN SD INFANTIL A 7 (Lara Vázquez, Alba García -4-, e Telma García -2-) - EFF SONNOIA PORTUS APOSTOLI 0
Grupo 2A: SPORTING BURGO 1 - ORZÁN SD INFANTIL B 3 (Sasha Abigail, Carlota Porteiro e Nerea Cruz)