Serie de exercicios para o Dépor, como un de transicións; posto que "mellorando unhas cantas cousas, que estamos niso, vai ir todo moito mellor"
Segunda sesión de traballo da semana para o Dépor en Abegondo nunha mañá chuviosa pero de boa temperatura.
Imanol Idiakez dispuxo dunha serie de exercicios tácticos, como un de transicións con finalizacións no campo 2.
En rolda de prensa esta mesma mañá, Iván Barbero advirte que "mellorando unas cantas cousas, que estamos niso, vai ir todo moito mellor".
O dianteiro branquiazul indica que "estamos nun camiño que está a empezar e que pode ser moi bonito. E estamos niso", insiste.
Con partidos en espazo reducido, de alta carga, finalizou o adestramento no céspede.
Bouldini continúa co seu proceso de incorporación progresiva ao traballo de grupo. Retirouse antes ao vestiario Pablo Martínez, que sufriu unha brecha na fronte; ademais de Ximo Navarro e Jose Ángel por precaución.
Pola súa banda, Alberto foi o representante de ANOSACANTEIRA.
Mañá mércores 2 de outubro, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 na Cidade Deportiva e seguirán a preparación do encontro ante o Málaga CF previsto para o domingo 6 de outubro ás 14:00 (LaLiga TV Hypermotion).