RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sete canteiráns esta mañá ás ordes de Fernando Vázquez

Un total de sete canteiráns adestráronse esta mañá ás ordes de Fernando Vázquez. A Juan Rodríguez e o meta Pablo Brea, que xa traballaron onte luns na volta ao traballo do primeiro equipo, uníronselles hoxe Manu Mosquera, Trilli, Guille Bueno, Iván Guerrero e Barba.

Todos eles superaron satisfactoriamente a proba de COVID-19 consistente nun test de antígenos; e, por conseguinte, están tamén habilitados segundo o protocolo sanitario para competir na Copa de SM O Rei deste mércores 6 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR ante o Deportivo Alavés (19:00 horas).

Na sesión desta mañá, após un quecemento e un circuíto de forza, Fernando Vázquez dispuxo unha serie de exercicios tácticos, algún específico para atacantes e defensas. Unha tarefa de posesión e un partido a metade de campo 2 puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Bóveda e Derik alternaron tarefas co grupo e outras xa adaptadas ás molestias musculares que sofren. Tamén tiveron traballo específico entre o ximnasio e o céspede Keko, Héctor, Borja Granero, Claudio Beauvue e Miku; ademais de Gandoy e Adri Castro, estes dous no seu domicilio.

Finalmente, Uche está de permiso e Borja Galán protagonizou o contratempo do día, ao retirarse do céspede a metade da mañá con molestias no bíceps femoral, pendente de avaliación médica nas próximas horas.

Mañá mércores, o cadro está citada de novo ás 10:30 en Abegondo.