RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Temos a conciencia tranquila porque fixemos todo o posible", asegura Seedorf

Clarence Seedorf recoñeceu esta tarde na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR, tralo partido ante o Villarreal, que viu "moi complicado desde que cheguei a salvación. Tentámolo e non o conseguimos. A conciencia témola moi tranquila porque fixemos todo o que era posible. É o deporte".

O técnico holandés advirte que "agora hai que mirar para adiante. A sentenza foi dada. É importante mirar cara a adiante, construír o futuro e non seguir vivindo do pasado, que non nos vai levar a nada".

Preguntado sobre o seu futuro, insiste en que "tedes que preguntar ao Club. Eu dixen que aquí me sinto moi ben dentro do Club, fóra, na cidade. Sinto moi a gusto. Pero iso non significa que o futuro está garantido aquí. As portas están abertas pero non depende de min, como nunca depende do adestrador. Cada un no seu papel".

De Borja Valle, autor dos 2 tantos branquiazuis, cre que "está que se sae". "Cando cheguei era un rapaz sen moita moral, non tivo ocasións. Tivemos que construír e traballar moito. É un rapaz fantástico que no momento que entendeu que podía ter posibilidade, empezou a traballar dentro e fóra do campo de maneira excepcional. Cando se puxo a adestrar a un nivel do que despois demostrou nos partidos, empecei a utilizalo, desde o Atlético de Madrid", engade.

Pola súa banda, Javi Calleja, técnico do Villarreal, mostrouse "moi feliz" pola clasificación europea do 'submarino amarelo': "Hoxe tivemos matematicamente estar o ano que vén en Europa League e creo que é a recompensa ao traballo de todo un ano. Voume moi contento co partido, co resultado, e co obxectivo cumprido".