RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Todas as internacionais do Dépor ABANCA están xa en casa coa presenza en Abegondo de Hmirová, Michi Apóstol e Francisca Lara

Coa presenza esta mañá en Abegondo de Patrícia Hmirová (na foto a terceira futbolista empezando pola esquerda), Michi Apóstol e Francisca Lara xa están de regreso todas as internacionais do Deportivo ABANCA.

A internacional eslovaca foi a única que saltou ao céspede e púxose ás ordes de Fran Alonso de cara ao choque ante o FC Levante Badalona deste sábado 12 de abril ás 16:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR.

Tanto Michi Apóstol como Francisca Lara tiveron tarefas de recuperación despois dunha longa viaxe de volta desde Venezuela e Chile respectivamente.

Onte mércores 9 de abril regresou Inês Pereira após o seu paso pola selección portuguesa e o martes 8 xa estivo Ainhoa Marín despois de participar en dous amigables coa selección española sub-23 ante Inglaterra e Suecia.