Uche, Borja Valle e Luis Ruiz regresan á convocatoria para medirse mañá ao Real Zaragoza
Uche, Borja Valle e Luis Ruiz son as principais novidades na lista de convocados do Deportivo para visitar mañá domingo 23 de febreiro (16:00 horas, #Vamos) ao Real Zaragoza na Romareda.
Quedan fóra da convocatoria por lesión Salva Ruiz e Claudio Beauvue, que hoxe traballou co grupo aínda que sen alta médica; ademais de Vicente, sancionado.
De Uche precisamente referiuse Fernando Vázquez en rolda de prensa. Comentou que "está a subir o nivel de rendemento. Sabedes que os futbolistas saen pertrechados con GPS... Por tanto para un adestrador é máis fácil facer comparativas entre A, B, C, D, F no rendemento mesmo nun adestramento. Uche estaba un pouco máis baixo do normal e agora está na media do equipo".
No adestramento de hoxe, ademais co canteirán Boian, o técnico branquiazul dispuxo, após un quecemento, dunha tarefa de posesión de balón, un exercicio táctico e un partido para concluír.
O equipo viaxa este mediodía, vía Barcelona, segundo este plan de viaxe:
Sábado 22 de febreiro 13:55: Saída do voo de Santiago con destino Barcelona 15:35 (horario aproximado): Chegada a Barcelona e traslado en autocar a Zaragoza 19:00 (horario aproximado): Chegada a Zaragoza e aloxamento no hotel NH Zaragoza
Domingo 23 de febreiro 16:00: Real Zaragoza - Deportivo, na Romareda Ao concluír, traslado en autocar a Madrid 22:00 (horario aproximado): Chegada ao Hotel Tryp Madrid Airport Suites
Luns 24 de febreiro 10:15: Saída do voo do Aeroporto Adolfo Suárez-Barajas con destino ao Aeroporto da Coruña 11:30 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña e traslado a Abegondo 12:00 (horario aproximado): Adestramento en Abegondo