RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Uche e Diego Rolan incorpóranse ao traballo de grupo

Uche e Diego Rolan puxéronse esta mañá ás ordes de Rubén de la Barrera, no regreso do Dépor aos adestramentos, xa de cara ao partido deste domingo 24 de xaneiro en ABANCA-RIAZOR ante a SD Compostela (17:00 horas, TVG).

Os dous futbolistas completaron unha sesión marcada pola intensa choiva na Cidade Deportiva. Iso si, o dianteiro uruguaio retirouse na última parte, tal e como estaba previsto polos Servizos Médicos.

Tamén Miku avanza na súa recuperación e xa realizou algunha tarefa co resto dos seus compañeiros.

Así pois, Keko, Bóveda, Claudio Beauvue e Héctor tiveron traballo específico, entre o ximnasio e o céspede; con exercicios supervisados polo readaptador, Fran Molano.

O técnico deportivista dispuxo esta mañá, após un quecemento, unha tarefa de posesión e unha serie de partidos no campo 2, nos que impartiu constantes instrucións aos seus xogadores.

Os canteiráns Adri Castro, Juan Rodríguez, Pablo Brea, Javi Sanmartín, Iván Guerrero, Boedo e Guille Bueno adestráronse hoxe co primeiro equipo.

Mañá xoves haberá dobre quenda de traballo: 11:00 en Abegondo e 17:30 en ABANCA-RIAZOR.