RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Un ex, Iago Novo, foi o verdugo do Fabril en Langreo

O Fabril caeu derrotado (1-0) na súa visita ao UP Langreo, en partido correspondente á 12ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Decidiu o encontro un tanto de Iago Novo no minuto 50 após unha acción individual. O ex fabrilista foi un quebradizo de cabeza durante todo o partido para o filial.

Con este resultado, o equipo de Óscar Gilsanz queda con 14 puntos na zona media da clasificación.

O filial afrontou o encontro en Ganzábal, estadio que recentemente pisou o primeiro equipo en Copa, con varias baixas.

Kevin Sánchez segue concentrado coa selección española sub-19 nun torneo de clasificación para o Campionato de Europa que se disputa estes días en Georgia.

Están lesionados Mella, en dinámica do primeiro equipo; Diego Gómez; Quique Teijo; Puerto, cunha lesión muscular no bíceps femoral da súa perna dereita; e Álex Pereira, cunha lesión na musculatura aductora da súa perna dereita.

E finalmente Martín Ochoa, Jairo, Marc e Rubén viaxaron co Dépor a Tarazona.

O choque arrincou ben para os pupilos de Óscar Gilsanz, que controlaron o xogo e a posesión do balón nos minutos iniciais.

A pesar diso, a mellor ocasión foi para o atacante local Steven, que non acertou a bater a Hugo Ríos após unha bonita xogada de Iago Novo, protagonista do encontro.

A primeira oportunidade do Fabril foi para Mati Castillo pero a súa cabezada a centro de Iano Simão non viu portería. Corría o minuto 31.

Os últimos minutos da primeira metade foron para os locais, que empuxaron tentando adiantarse no marcador. Hugo Ríos realiza unha gran intervención a disparo de Luis Sánchez no minuto 40.

Ao descanso chegouse sen goles.

Após o paso dos vestiarios Iago Novo erixiuse no protagonista do encontro ao anotar o tanto que ao cabo sería definitivo.

O Fabril tentou reaccionar sobre todo con Mario Nájera, por exemplo cun diro disparo no minuto 54. 

Os asturianos seguiron creando perigo a través das accións de Iago Novo, que case leva ao seu equipo a lograr o segundo tanto cun par de boas xogadas en ataque.

Óscar Gilsanz tenta meter frescura coa entrada dos xuvenís Domínguez, Mardones e Carreira, pero finalmente a reacción non chegou e o triunfo foi para o UP Langreo.

A próxima semana, o Fabril recibe ao CD Cayón, concretamente o domingo 26 de novembro ás 12:00 en Abegondo.

Fabril: Hugo Ríos, Álvaro Santamaría (Mardones, min. 79), Somolinos (Carreira, min. 69), Óscar Marotías, Iano Simão, Brais Val, Barba (Domínguez, min. 79), Vilán, Nájera, Thymos (Iñaki, min. 69) e Mati Castillo. 

UP Langreo: Adrián Torre, Ordóñez, Gonzalo, Keko Hevia, Dani Hernández, Luis Sánchez (Ángel Sánchez, min. 83), Joselu Guerra, Juan López (David Fernández, min. 83), Carlos Cid (Imad, min. 70), Iago Novo e Steven (Nané, min. 61).

Goles: 1-0 Iago Novo (min. 50)

Árbitro: Adrián Calvo Martínez, do colexio rioxano. Amoestou a Juan López (min. 75), Ordóñez (min. 80) e Joselu Guerra (min. 89), todos eles do UP Langreo.

Incidencias: Partido correspondente á 12ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación disputado no Novo Ganzábal.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK