Víctor Narro rescinde o seu contrato co Dépor de mutuo acordo
Víctor Narro Valero (Palma de Mallorca, 27 de maio de 1999) non continuará no RC Deportivo após rescindir o contrato que unía a ambas as partes até xuño de 2024 de mutuo acordo.
O Club quere desexarlle moita sorte no seu novo proxecto profesional á vez que lle agradece o seu traballo e profesionalidade durante a súa etapa na Coruña.