RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A caseta do Dépor en Marineda City, punto de venda de accións da Ampliación de Capital

  A caseta do Dépor en a Praza Oíptica de Marineda City súmase aos puntos e medios de venda xa existentes para poder participar na Ampliación de Capital do Real Club Deportivo. Deste xeito, todos os socios que desexen facerse

Ademais, todos os socios e accionistas que participen na ampliación, optarán a gañar unha peza exclusiva, un sofá do Deportivo, deseñado por Antón Lezcano e asinado por todo o persoal do Dépor '15-'16. Cedendo este espazo nun dos puntos máis transitados do Centro, Marineda City colabora novamente co Real Club Deportivo que ten unha boa oportunidade de achegarse aos seus socios e accionistas noutros espazos que non son o Estadio de Riazor ou as Oficinas do Club.

A posibilidade de subscribir accións do Real Club Deportivo permanece aberta tamén no resto de canles dispoñibles:
 
Online: en calquera día da semana e momento do día os socios que desexen ser accionistas só teñen que entrar na web da Ampliación de Capital: http://www.odeporeteu.gal/, encher os seus datos e comprar co seu cartón de crédito entre 1 e 1.500 accións ao prezo de 60,10 € cada unha. 
 
Presencialmente: tamén se poden subscribir accións na Oficina de Atención ao Deportivista en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas de luns a venres.
 
Telefonicamente: no 981 22 94 10 en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas de luns a venres.
 
Calquera consulta que se queira realizar sobre a Ampliación de Capital do Real Club Deportivo pode realizarse tanto na Oficina de Atención ao Deportivista como no 981 22 94 10 ou en accionistas@canaldeportivo.com
 
Os actuais accionistas tamén poden participar polo tres vías. Online dispoñen do seu PIN de acceso na carta enviada este verán á dirección postal que consta na base de datos do Club. En caso de non conservar o PIN, pode solicitarse en accionistas@canaldeportivo.com (achegando á petición fotocopia do DNI) ou na Oficina de Atención ao Deportivista. 
 
Participa na Ampliación de Capital porque é vital e sobre todo porque: Ou DÉPOR É TEU!