RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

1.036 socios de Marathón Impar e todos os afectados do día do Sporting serán recolocados ante a Granada

O Real Club Deportivo informa aos seus 21.537 socios da situación do Estadio Abanca-Riazor de cara ao partido do próximo luns día 24 ás 21:00 fronte ao Granada CF.

Como no partido do pasado día 9 fronte ao Real Sporting, as bancadas de Tribuna (superior e inferior) e Preferencia (superior e inferior) están 100% operativas a nivel de aforamento, polo que ningún dos socios destas bancadas verase afectado.

Os fondos de MARATHÓN E PAVILLÓN si presentarán as MESMAS RESTRICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA. Para este partido a principal NOVIDADE é que 1.036 SOCIOS DE MARATHÓN IMPAR (tanto Superior como Inferior), que puideron ver o partido do Sporting na súa localidade habitual, tamén terán que RETIRAR ENTRADA DE RECOLOCACIÓN debido a que durante os últimos días as obras avanzaron até estas localidades.

Por tanto, os socios de Marathón Superior Impar e Marathón Inferior Impar, novos afectados, deberán retirar a súa localidade nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes. Poden consultarse os asentos afectados no seguinte plano e listaxe:


É importante lembrar que o resto de socios xa afectados no partido contra o Sporting de Gijón, QUE XA DISPOÑEN DA ENTRADA DEBERÁN FACER USO DA MESMA. Se non dispoñen dela deberán retirala nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Os socios de Marathón (superior e inferior) e de Pavillón (superior, inferior e curva de Pavillón) que aínda non teñen a súa entrada poden comprobar nas seguintes listaxes se se atopan afectados as obras e por tanto deben solicitar esa entrada para recolocarse dentro do Estadio. Aqueles socios que non estean afectados a listaxe poderán acceder á súa localidade habitual sen ningún tipo de inconveniente.

No caso de estar nas listaxes de afectados e de non ter aínda a súa entrada de recolocación, o socio deberá dirixirse aos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde o martes 18 ao luns 24 de setembro para conseguir, presentando o seu abono, unha entrada para o partido da sexta xornada fronte á Granada. O horario dos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor é:

De martes a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.

Luns 24 desde as 11:00 até as 20:00 horas.

Non haberá entradas á venda nin por internet nin en despacho de billetes. Só poderán acceder ao Estadio socios con localidade afectada que retirasen a súa entrada. Para aqueles afeccionados que adoiten acudir en grupo aos partidos, un único socio poderá retirar todas as entradas que desexe en despacho de billetes presentando os carnés correspondentes dos seus acompañantes afectados.

O Real Club Deportivo quere solicitar aos seus socios:

1. Que retiren as súas entradas canto antes para que a organización da recolocación sexa óptima e o máis ordenada e áxil posible.

2. Que aqueles socios que non vaian acudir ao partido nin a utilizar o seu carné, comuníqueno ao Club para liberar a súa localidade e poder dispor dese asento para recolocar a outro socio. Os socios que cedan o seu asento deben remitir o seu DNI e Abono escaneados a atencion.deportivista@rcdeportivo.es.

3. Que o día do partido, os abonados accedan canto antes ao estadio para evitar as colas e confusións de última hora por esta situación excepcional.

As altas de socios, única forma de poder acceder a este partido, seguirán tramitándose no horario habitual da Oficina de Atención ao Deportivista de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. até o venres no Palacio dos Deportes de Riazor. O luns non se realizarán altas de socios.

O Real Club Deportivo quere reiterar a todos os afectados as súas desculpas anticipadas polas molestias causadas nestes dous primeiros partidos.