A Fundación RC Deportivo habilitará unha zona de recollida de productos básicos en ABANCA-RIAZOR este sábado 2 de novembro para os afectados da DANA
Co propósito de contribuír coa situación que se está vivindo en Valencia co paso da DANA, a Fundación RC Deportivo facilitará unha zona en ABANCA-RIAZOR mañá sábado 2 de novembro para a recollida de alimentos e material.
A zona situarase na cabina de seguridade e o acceso será a través do portalón á beira da DéporTienda (ver mapa na imaxe inferior). O horario será de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 21:00 horas.
Os produtos máis requiridos son os seguintes: produtos de hixiene, augas, zumes e leite, comida enlatada non perecedoira, galletas, cereais e bollería envasada, cubos, pas, toallas e escobas grandes, roupa en bo estado e roupa interior (nova) e alimentación e hixiene para bebés.
Esta iniciativa solidaria conta coa colaboración do Banco de Alimentos Rías Altas. Os alimentos recollidos serán enviados ao Banco de Alimentos de Valencia.
Jose Ángel e Mfulu, os dous futbolistas branquiazuis que non puideron viaxar a Cartagena por lesión, pasaranse mañá ás 13:00 horas para colaborar.
O Club conta coa colaboración do patrocinador ONTIME para o envío do material á Comunidade Valenciana.