O RC Deportivo na súa Cidade Deportiva de Abegondo é o anfitrión esta fin de semana da segunda sede da Segunda Fase de LALIGA GENUINE 2024-25, tal e como sucedera na campaña 2018-19 e na pasada 2023-24.
Os criterios para esta elección están baseados en "a idoneidade das instalacións deportivas", en referencia á Cidade Deportiva de Abegondo; así como o "compromiso e a implicación" da Fundación RC Deportivo no proxecto.
LALIGA GENUINE é unha competición de fútbol desenvolvida por LALIGA, a través da súa Fundación, e pioneira en promover a integración de persoas con discapacidade intelectual na sociedade a través do fútbol.
En Abegondo haberá 4 campos, 25 partidos para os 23 equipos, cun total de 368 xogadores e xogadoras.
Os equipos quedarán divididos en 2 grupos baixo os nomes de Compañeirismo e Respecto, dos que sairán dous campións deportivos e dous de fair play cando finalice o calendario.
Así, no grupo Compañeirismo forman: Athletic Club Fundazioa, Fundación Real Madrid, Fundación Club Atlético de Madrid, Sporting de Gijón, Real Sociedad Fundazioa, Real Racing Club, Racing de Ferrol, SD Ponferradina, Real Zaragoza, CD Lugo e SD Huesca.
No grupo Respecto están estes equipos: Dépor Genuine, CA Osasuna, Deportivo Alavés, Fundación Celta Integra, Fundación Rayo Vallecano, Real Oviedo, Real ValladoliDI, CD Leganés, SD Eibar Fundazioa, CF Fuenlabrada, Getafe CF e Burgos CF.
Os partidos están formados por 4 partes de 10 minutos cada unha. Cada parte gañada supón 1 punto, mentres que os empates e as derrotas suman 0 puntos.
O Dépor Genuine chega a esta cita despois dunha intensa semana de preparación cun adestramento cos veteranos do RC Deportivo esta semana na Torre e co amigable de mañá sábado ás 9:45 en Abegondo ante o Celta Integra.
O calendario de partidos do Dépor Genuine nesta fase é o seguinte:
Sábado 15 de marzo
17:30: CD LEGANÉS - DÉPOR GENUINE (campo 1)
Domingo 16 de marzo
11:00: DÉPOR GENUINE - REAL VALLADOLIDI (campo 1)
Vila-Real e Burgos, seguinte parada en LaLiga Genuine
A primeira das 6 paradas foi en Tarragona, co Nàstic de Tarragona como club anfitrión, quen recibiu a todos os equipos Genuine o pasado mes de novembro no Fútbol Salou Sports Centre.
A segunda fase, dividida en dúas sedes, traslada á comunidade Genuine ás cidades de Valencia e A Coruña. Os días 8 e 9 de febreiro de 2025 os equipos viaxaron á Cidade Deportiva de Paterna, coa Valencia CF como club anfitrión. Os días 15 e 16 de marzo é o RC Deportivo o que acolle ao resto na Cidade Deportiva de Abegondo.
Tamén dividida en dúas sedes, a terceira fase distribuirase entre as cidades de Vila-real e Burgos. Primeiro LALIGA GENUINE viaxará até a Cidade Deportiva José Manuel Llaneza os días 26 e 27 de abril, onde o Vilarreal CF será o anfitrión. Ao mes seguinte, os días 10 e 11 de maio, o Burgos CF acollerá á penúltima parada da competición na súa Cidade Deportiva.
Para finalizar, do 30 de maio ao 1 de xuño terá lugar a máis que esperada gran final da competición que reunirá aos 47 equipos que a compoñen. O Athletic Club será o encargado de recibir a toda a gran familia Genuine na súa Cidade Deportiva de Lezama, onde se disputarán os últimos e máis emocionantes encontros da edición.
LALIGA GENUINE é un proxecto que fomenta a igualdade, a tolerancia e o respecto mediante a forza do fútbol, pero tamén mediante programas de inclusión sociolaboral e de apoio á formación dos seus integrantes.