RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A Fundación RC Deportivo únese a Mares Circulares para realizar unha recollida de residuos no Porto da Coruña

A Fundación RC Deportivo, representada por xogadores do Dépor Genuine e empregados do Club, e Coca Cola protagonizaron este sábado unha recollida de residuos organizada no Porto da Coruña, concretamente na contorna do Castelo de San Antón; dentro do programa Mares Circulares, que en 2025 cumpre 7 anos. 

Esta iniciativa contou coa colaboración da Autoridade Portuaria Porto da Coruña, Salmonetes Pescasub, Asociación Búsqueda e Salvamento de Galicia, Maritime Global Servis, Limpoil, Galicimplas, Restaurante Mi Barrio e Quincemil.

Os voluntarios recolleron un total de 475,73 quilos de residuos, que foron clasificados pola Asociación Chelonia para a súa reciclaxe. Ademais, todos os datos obtidos serán recoller, analizados e incorporados na base de datos do proxecto. Esta información, que se suma á monitorización en 1.163 puntos e recollida periódica desde a primeira edición en 2018, é posteriormente posta a disposición de investigadores e científicos para o desenvolvemento de novas propostas innovadoras que teñan un impacto real na conservación das contornas mariñas.

Para Carlos García, Terapeuta Ocupacional da Fundación RC Deportivo, "esta iniciativa de gran valor social e ambiental supón unha gran oportunidade para pór en práctica a filosofía fundacional, que ten como base os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable"·

"Para a Fundación converteuse en prioridade atopar sinerxías entre entidades que xeren un beneficio directo para a comunidade, e por iso decidimos colaborar con Coca Cola na súa iniciativa ambiental de fondos mariños locais. Sen dúbida estamos encantados de formar parte de algo tan marabilloso", engadiu.

Pola súa banda, Gema Dominguez e Javier Losada, Xestores de Comunicación de Coca Cola Europacific Partners Iberia, destacaron "a importancia das alianzas e colaboracións para conseguir obxectivos como os propostos por Mares Circulares para conseguir un mundo e unha contorna mariña sen residuos. Resulta necesario actuar para preservar estes ecosistemas e concienciar da necesidade de pór en marcha acciones que fomenten a economía circular. Un dos elementos diferenciais deste proxecto é que, após case sete anos, contamos cunha base de datos que ofrece información de moito interese á comunidade científica para avanzar na procura de solucións a este problema. Agradecemos aos voluntarios que foron un gran exemplo do que podemos lograr cando traballamos en equipo".

A nivel nacional, Mares Circulares conseguiu recoller en 2024 máis de 376 toneladas de residuos grazas a unha rede de colaboración composta por 9.731 voluntarios e confrarías de pescadores de 16 portos pesqueiros. Este último ano realizáronse 169 actuacións de recollida e limpeza de residuos en praias e contornas acuáticas, 22 reservas mariñas e espazos naturais protexidos, ás que se sumaron oito limpezas submarinas.