RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín disputou a segunda metade do empate ante Suecia no segundo dos dous amigables de España sub-23

-Foto:@rfef.es

 

Ainhoa Marín estivo concentrada coa selección española sub-23 para dous partidos en Murcia correspondentes á Fase Final da Liga de Partidos Internacionais Amigables.

Onte domingo 6 de abril disputou ante Suecia no Estadio Enrique Roca a final polo quinto posto.

A futbolista branquiazul saltou ao céspede após o descanso en substitución de Maite Valero.

Ainhoa Marín disparou ao pau no minuto 91 nunha ocasión que puido supor o triunfo español posto que o marcador era neses instantes de 3-3, ao cabo definitivo.

Nos penaltis que decidiron o marcador, a porteira sueca adiviñou o lanzamento da deportivista nunha quenda na que resultou vencedora Suecia por 2-4.

O pasado xoves xogouse a semifinal ante Inglaterra.

A xogadora do Dépor ABANCA saíu no once inicial e foi relevada no minuto 60 por Sara Ortega.

Un gran pase de Ainhoa Marín fixo posible que Ornella Vignola marcase no minuto 30 o 2-0 que encarrilaba o triunfo.

Os resultados da selección española sub-23 foron os seguintes:

Xoves 3 de abril
ESPAÑA 2 - INGLATERRA 1

Domingo 6 de abril
ESPAÑA 3 - SUECIA 3. A penaltis: 2-4

O regreso da futbolista do Dépor ABANCA está previsto para a mañá deste luns 7 de abril.