RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Éxito de LaLiga Genuine ao seu paso por Abegondo

O RC Deportivo na súa Cidade Deportiva de Abegondo foi o anfitrión esta fin de semana da segunda sede da Segunda Fase de LALIGA GENUINE 2024-25, tal e como sucedera na campaña 2018-19 e na pasada 2023-24.

Os criterios para esta elección estiveron baseados en "a idoneidade das instalacións deportivas"; así como o "compromiso e a implicación" da Fundación RC Deportivo no proxecto.

Con estas premisas, o éxito foi rotundo a todos os niveis.

LALIGA GENUINE é unha competición de fútbol desenvolvida por LALIGA, a través da súa Fundación, e pioneira en promover a integración de persoas con discapacidade intelectual na sociedade a través do fútbol. 

En Abegondo dispuxéronse 4 campos, cun total de 25 partidos durante a fin de semana para os 23 equipos, e 368 xogadores e xogadoras.

Reinaron na xornada final emoción, goles e moito compañeirismo entre os protagonistas, acirrados desde a bancada polas súas afeccións.

Os equipos quedaron divididos en 2 grupos baixo os nomes de Compañeirismo e Respecto, dos que sairán dous campións deportivos e dous de fair play cando finalice o calendario.

Así, no grupo Compañeirismo formaron: Athletic Club Fundazioa, Fundación Real Madrid, Fundación Club Atlético de Madrid, Sporting de Gijón, Real Sociedad Fundazioa, Real Racing Club, Racing de Ferrol, SD Ponferradina, Real Zaragoza, CD Lugo e SD Huesca.

No grupo Respecto estiveron estes equipos: Dépor Genuine, CA Osasuna, Deportivo Alavés, Fundación Celta Integra, Fundación Rayo Vallecano, Real Oviedo, Real ValladoliDI, CD Leganés, SD Eibar Fundazioa, CF Fuenlabrada, Getafe CF e Burgos CF.

Os partidos constaban de 4 partes de 10 minutos cada unha. Cada parte gañada supón 1 punto, mentres que os empates e as derrotas suman 0 puntos.

O Dépor Genuine chegou a esta cita despois dunha intensa semana de preparación cun adestramento cos veteranos do RC Deportivo esta semana na Torre e co amigable onte sábado ante o Celta Integra, que finalizou en empate (2-2).

Os resultados de Os Nosos nesta fase foron os seguintes

Sábado 15 de marzo
CD LEGANÉS 4 - DÉPOR GENUINE 0

Domingo 16 de marzo
DÉPOR GENUINE 1 - REAL VALLADOLIDI 2