RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

A Fundación RC Deportivo e a Fundación Erik LÖVAAS unen forzas no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A Fundación RC Deportivo, sendo fiel ás súas liñas e ámbitos de actuación relacionadas coa inclusión e a diversidade así como a súa firme contribución ao benestar social, levará a cabo varias accións de divulgación do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. 

Outro ano máis, a Fundación Erik LÖVAAS xunto á Fundación RC Deportivo participan nunha acción de concienciación sobre o autismo nos prolegómenos do partido do Dépor e o Cádiz CF o vindeiro domingo 6 de abril ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR, grazas ao espírito colaborativo e social das entidades involucradas. 

Once nenos e nenas pertencentes á Fundación Erik LÖVAAS sairán ao campo da man dos xogadores do Dépor para concienciar e sensibilizar á sociedade sobre as necesidades e dereitos das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA). 

As entidades queren ser partícipes desa concienciación mundial que resalta a variabilidade existente dentro do espectro do autismo para divulgar entre a cidadanía o feito de que cada persoa autista é única e precisa duns apoios especializados e individualizados, adaptados a cada etapa do seu ciclo vital.