Abertas os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor este domingo 6 de abril desde as 18:00
Este domingo 6 de abril, día do partido ante o Cádiz CF en ABANCA-RIAZOR, abren os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 18:00 horas.
Seguen á venda as entradas de público para o partido, correspondente á 34ª xornada en LaLiga Hypermotion.
Os prezos oscilan entre os 120 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior.
As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es.
Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.