O RC Deportivo participou nun acto de ABANCA en São Paulo que reuniu á comunidade empresarial galega
Este xoves 3 de abril o RC Deportivo participou nun acto institucional de ABANCA, patrocinador principal do Club, consistente na apertura dunha sucursal na cidade de São Paulo.
O evento, ao que asistiron Jan Wappler, director corporativo do Club, e Alejandro Vidal, responsable da área internacional, reuniu á comunidade empresarial galega na urbe brasileira.
Tomaron parte Pedro Raúl López Jacome, conselleiro de ABANCA; Alfonso Caruana, director xeral de Negocio Internacional; Ramón Lourido Hijano, Director de Negocio Non Residente; e José Luis Nogueira, Director ABANCA Brasil; así como tamén varios representantes de ABANCA.
Ademais estivo presente o consul xeral de España en São Paulo, Pablo Montesino-Espartero, a Chefe de Secretaria do Consulado de España en São Paulo, Laura Revilla e unha gran variedade de representantes dentro da comunidade empresarial galega en São Paulo.
A apertada axenda da expedición deportivista incluíu visitas ao Sport Club Corinthians, á Sociedade Esportiva Palmeiras e á Portuguesa FC São Paulo, coas que se pechou esta xira 'DÉ x Brasil'.
Anteriormente os representantes branquiazuis estableceron contactos co Clube de Regatas do Flamengo, o Botafogo de Futebol e Regatas e o Club de Regatas Vasco da Gama.