RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Primeira parada do Dépor Genuine en 'A Nosa Champions'

O Dépor Genuine tivo en Calo a súa primeira parada en 'A Nosa Champions', unha nova competición de fútbol inclusivo organizada pola Federación Galega de Fútbol.

Con Os Nosos competiron o Racing de Ferrol, Celta Integra, CD Lugo e Racing Villalbés.

O Dépor Genuine, no que debutaron 4 xogadores procedentes da Escola RC Deportivo de Diversidade Funcional, arrincou a xornada con triunfo por 6-2 ante o Racing Villalbés, con goles de Alonso -3-, Anxo, Miguel e Saúl.

A continuación, os branquiazuis superaron por 5-0 ao Racing de Ferrol con Miguel -2-, Alonso -2- e Álvaro López como anotadores.

A final entre o Dépor Genuine e o Celta Integra caeu ao lado celeste por 4-12, con tantos deportivistas obra de Alonso, Miguel -2- e Xosé Picatostes.