Emocionante sábado en Abegondo con LaLiga Genuine, con xornada final mañá domingo
O RC Deportivo na súa Cidade Deportiva de Abegondo é o anfitrión esta fin de semana da segunda sede da Segunda Fase de LALIGA GENUINE 2024-25, tal e como sucedera na campaña 2018-19 e na pasada 2023-24.
Os criterios para esta elección están baseados en "a idoneidade das instalacións deportivas", en referencia á Cidade Deportiva de Abegondo; así como o "compromiso e a implicación" da Fundación RC Deportivo no proxecto.
LALIGA GENUINE é unha competición de fútbol desenvolvida por LALIGA, a través da súa Fundación, e pioneira en promover a integración de persoas con discapacidade intelectual na sociedade a través do fútbol.
En Abegondo hai 4 campos, cun total de 25 partidos durante a fin de semana para os 23 equipos, e 368 xogadores e xogadoras.
Houbo hoxe sábado e haberá mañá domingo na xornada final emoción, goles e moito compañeirismo entre os protagonistas, acirrados desde a bancada polas súas afeccións.
Os equipos están divididos en 2 grupos baixo os nomes de Compañeirismo e Respecto, dos que sairán dous campións deportivos e dous de fair play cando finalice o calendario.
Así, no grupo Compañeirismo forman: Athletic Club Fundazioa, Fundación Real Madrid, Fundación Club Atlético de Madrid, Sporting de Gijón, Real Sociedad Fundazioa, Real Racing Club, Racing de Ferrol, SD Ponferradina, Real Zaragoza, CD Lugo e SD Huesca.
No grupo Respecto están estes equipos: Dépor Genuine, CA Osasuna, Deportivo Alavés, Fundación Celta Integra, Fundación Rayo Vallecano, Real Oviedo, Real ValladoliDI, CD Leganés, SD Eibar Fundazioa, CF Fuenlabrada, Getafe CF e Burgos CF.
Os partidos están formados por 4 partes de 10 minutos cada unha. Cada parte gañada supón 1 punto, mentres que os empates e as derrotas suman 0 puntos.
O Dépor Genuine chega a esta cita despois dunha intensa semana de preparación cun adestramento cos veteranos do RC Deportivo esta semana na Torre e co amigable de hoxe sábado ante o Celta Integra, que finalizou en empate (2-2).
O calendario de partidos do Dépor Genuine nesta fase, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Sábado 15 de marzo CD LEGANÉS 4 - DÉPOR GENUINE 0
Domingo 16 de marzo 11:00: DÉPOR GENUINE - REAL VALLADOLIDI (campo 1)