A Escola RC Deportivo de Sada e Alvedro, protagonistas hoxe con Gauto e Mario Soriano
A Escola RC Deportivo da sede de Sada e de Alvedro foron hoxe os protagonistas desta actividade da Fundación RC Deportivo con Gauto e Mario Soriano respectivamente.
Así, o futbolista arxentino visitou aos 30 nenos e nenas inscritos a quenda dos mércores no campo das Mariñas sadense.
Houbo foto de familia, unhas cariñosas palabras do xogador deportivista e, por suposto, firma de autógrafos tan desexados por todos.
Na quenda do mércores de Alvedro, Mario Soriano levou o aplauso dos 50 nenos e nenas.
O talentoso mediapunta madrileño respondeu a todas as preguntas dos alumnos e alumnas, ademais de estampar o seu autógrafo en camisetas, postais, zapatillas...
Despois do éxito da temporada pasada, a 7ª edición da Escola RC Deportivo ten estoutras sedes: Outes e Zas.
Ademais, as Escolas RC Deportivo Colexio Jesuitinas e Colexio Internacional Eirís están destinadas a todos os alumnos/as de cada centro que quixeron participar.
Finalmente, na súa localización da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias na Torre continúa a súa actividade a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional, destinada a todas as persoas con diversidade funcional entre 16 e 40 anos que desexen iniciarse no fútbol ou complementar os seus adestramentos de maneira máis específica con adestradores do equipo Genuine do RC Deportivo. Haberá dúas quendas os mércores: ás 16:00 e ás 17:00.
Este ano, a Escola RC Deportivo Diversidade Funcional pon en marcha unha nova quenda os martes de 16:00 a 18:00 horas para alumnos e alumnas de 8 a 14 anos.
Esta semana, Pablo Martínez e Sergio Escudiro visitaron a Escola RC Deportivo do Colexio Internacional de Eirís; e Germán Parreño aos alumnos e alumnas da quenda dos luns da sede de Alvedro.