RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín, convocada coa selección española sub-23 para dous amigables no mes de abril

A futbolista do Deportivo ABANCA Ainhoa Marín Martín (Badalona, Barcelona, 21 de marzo de 2001) foi convocada pola selección española sub-23 para dous partidos internacionais que terán lugar na próxima semana.

Ainhoa Marín xa foi titular o pasado 20 de febreiro nun amigable ante Bélxica. Saíndo ao campo no minuto 62 no segundo encuentro fronte a Dinamarca o 25 de febreiro onde tivo unha ocasión que acabou rexeitada polo pau.

As xogadoras convocadas pola seleccion española concentraranse o luns 31 de marzo, ás 13.00 horas no Hotel DoubleTree by Hilton La Torre Golf & Spa Resort, Murcia, onde quedarán aloxadas.

O calendario de partidos de España sub-23 é o seguinte:

Xoves 03 de abril
19:00: ESPAÑA - INGLATERRA, no Estadio Enrique Roca de Murcia.

Dependendo do resultado obtido no partido amigable internacional Sub-23 España - Inglaterra o seguinte partido amigable internacional poderá ser:

- OP1: España - Bélxica o domingo 06 de abril ás 13.00h ou 19.00h no Estadio Enrique Roca de Murcia.

- OP2: España - Suecia o domingo 06 de abril ás 13.00h ou 19.00h no Estadio Enrique Roca de Murcia.

O regreso está previsto o luns 7 de abril pola mañá.