Ainhoa Marín e Olaya Enrique xogarán dous amigables coa selección española sub-23
As futbolistas do Deportivo ABANCA Ainhoa Marín Martín (Badalona, Barcelona, 21 de marzo de 2001) e Olaya Enrique Rodríguez (Avilés, Asturias, 10 de maio de 2005) foron convocadas pola selección española sub-23 para dous partidos internacionais que terán lugar nos próximos días.
Así, os rivais do combinado español, que se concentrará o luns 25 de novembro en Las Rozas, serán Alemaña e Francia.
Ainhoa Marín xa foi titular o pasado 25 de outubro nun amigable ante Italia no que tamén estaba convocada Olaya, que ao final causou baixa por unha lesión muscular.
O calendario de partidos de España sub-23 é o seguinte:
Xoves 28 de novembro 18:30: ALEMAÑA - ESPAÑA no no Uhlsport Park de Unterhaching (Alemaña)
Luns 2 de decembro 18:00: ESPAÑA - FRANCIA, na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid)
Ao acabar este encontro, As Nosas regresarán á Coruña para incorporarse á disciplina deportivista.