RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Álex Petxarroman espera un partido na Malata "de moita emoción" e "con dúas afeccións que van apoiar a matar aos seus equipos"

Álex Petxarroman advertiu na sala de prensa de Abegondo sobre o Racing de Ferrol - Deportivo deste sábado 29 de marzo ás 16:15 na Malata (LaLiga TV Hypermotion) que "os derbis son partidos de moita emoción e moita tensión. É verdade que eles o teñen moi difícil; pero van saír con moitas ganas, encima na súa casa coa axuda da afección para poder gañar ao Dépor".

Pide "saír igual porque a semana pasada xogamos contra o pechacancelas, tampouco puidemos gañar. Os partidos nesta categoría hai moita igualdade. Ou sales ao 100% ou che pode gañar calquera".

Espera na Malata "dúas afeccións que van apoiar a matar aos seus equipos. Vaise a mover moita xente aquí da Coruña tamén para ir vernos a Ferrol e esperemos que a festa gozala cun bo partido e sacando os 3 puntos".

O lateral deportivista insiste en que "todos os partidos teñen a súa dificultade. Nós cando facemos o que temos que facer demostramos que podemos competir contra calquera, que podemos gañar a calquera. Creo que imos saír así e con ganas de sacar os 3 puntos que nos dean tamén esa tranquilidade na clasificación, e poder afrontar os seguintes partidos con máis tranquilidade".

Petxarroman pensa que "canto máis lonxe de abaixo sempre é máis sensación de máis tranquilidade para afrontar calquera partido, e non ter esa presión e esa ansiedade por saír de aí".

Finalmente, a nivel individual "o único que quero é tentar axudar ao equipo; seguir mellorando, que creo que o fixen porque o meu nivel tamén nos adestramentos foi de menos a máis".

Desexa "estar aquí todos os anos que poida porque estou moi a gusto no Club, na cidade e a partir de aí xa veremos".