Alberto Cayarga Fernández (Avilés, Asturias, 17 de setembro de 1996) é novo xogador do Dépor para as dúas próximas temporadas, até xuño de 2025.
Berto Cayarga, como é coñecido futbolísticamente, actúa como extremo e procede do Radomiak SA Radom, equipo da Primeira División polaca no que militaba desde o pasado mes de xaneiro.
O dianteiro asturiano xogou nas categorías inferiores do Navarro CF, o SD Llano 2000 e o Real Sporting de Gijón.
Os seus primeiros pasos como sénior deunos en Terceira División, cedido polo equipo xixonés no UP Langreo no curso 2015-16. Incorporouse no verán de 2016 ao filial do Real Sporting de Gijón, co que xogou dúas campañas, a 2016-17 en Terceira División e a 2017-18 en Segunda B. Nesta última destapouse con 7 goles en 35 partidos, 30 deles como titular.
O Real Racing Club de Santander fíxose cos seus servizos para o seu primeiro cadro de cara ao exercicio 2018-19. Berto Cayarga xogou 39 encontros, 29 como titular, e marcou 4 goles que axudaron ao conxunto cántabro a ascender á categoría de prata.
Despois de 7 partidos en Segunda División, rescindiu o seu contrato co equipo santanderino no mercado de inverno e incorporouse ao FC Cartagena, un banzo máis abaixo. Co equipo murciano disputou 7 encontros e anotou 1 tanto, colaborando no seu ascenso a Segunda División.
Berto Cayarga xogou dúas campañas máis completas co FC Cartagena, 2020-21 e 2021-22, ambas as dúas en Segunda División, nas que sumou 73 partidos (37 como titular) e 5 goles.
Após comezar a campaña pasada sen equipo, no mercado invernal asinou polo Radomiak SA Radom, conxunto do que procede e co que xogou 16 encontros na máxima categoría do fútbol polaco.