RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
VETERÁNS

A Asociación de Veteranos do RC Deportivo celebrou a súa cea anual

A Asociación de Veteranos do RC Deportivo celebrou o pasado sábado, día 2 de decembro, a súa cea anual, na que representaron ao Club os Conselleiros Carlos Ballesta e Vicente Fernández.

Os ex xogadores branquiazuis xuntáronse como fan sempre nestas datas pre-Nadal. A reunión tivo lugar no Hotel Avenida desde as 21:00 horas do pasado sábado.

Máis de 60 ex futbolistas do Deportivo e o Fabril déronse cita no convite. Jorge Andrade, Moll, Marcos Vales, Elduayen, Brizzola, Manuel Mosquera, Pardo I, Chapela II, Antonio Doncel, Agulló, Dani Mallo, Belló, Vicente Celeiro, Maikel, Cayetano, Sabin Bilbao, Piña, Paco Zas, Arturo Patiño, Piscu, Chema, Miguel Figueira ou o adestrador Luis Rodríguez Vaz participaron na reunión. 

Manuel Ríos Quintanilla 'Manolete', presidente da Asociación de Veteranos do RC Deportivo, dirixiuse aos presentes, do mesmo xeito que o Conselleiro Carlos Ballesta, tamén ex xogador do Club, que agradeceu a colaboración de todos eles en diversos proxectos sociais do RC Deportivo.