RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

A borrasca Karlotta cóase na planificación de traballo do Dépor

A borrasca Karlotta que hoxe xoves azouta á Coruña e a súa comarca, coouse na planificación de traballo do Dépor.

Ante a intensa choiva e o forte vento reinantes, Imanol Idiakez viuse obrigado a "acurtar (o adestramento) un pouco porque se puxo o campo perigoso para os esvaróns, para o tema de aductores..."

Após pasar pola sala de vídeo, xa no campo o corpo técnico dispuxo dunha activación con roda de pases e a xornada finalizou cunha tarefa de evolucións ofensivas no campo 3.

Todo o cadro estivo sobre o céspede, circunstancia que alegra ao adestrador deportivista, tal e como subliñou na sala de prensa: "É unha boa noticia. Despois dos resultados que podamos ter á xente dispoñible é unha boa noticia, quitando o de Davo (sancionado con 2 partidos) que é unha pena".

Rubén e Martín Ochoa foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Precisamente sobre o dianteiro rioxano falou Imanol Idiakez ante os medios de comunicación: "Fixo toda a recuperación connosco, xa está en dinámica normal, é dicir, adestra con normalidade desde a semana pasada. Agora temos que ir valorando semana a semana cal é a mellor decisión con el. Temos claro que Martin Ochoa é o futuro do Dépor, presente do Dépor, que queremos que teña un papel importante no primeiro equipo e para iso é importante que os mozos novos teñan minutos. Imos ir xestionando iso con dinámica de primeiro equipo con que cando entendamos que non vai ter minutos connosco poida telos abaixo e buscando a progresión de Martín, que é o máis importante".

Mañá venres, o Dépor adianta en media hora o adestramento. Así, en lugar da as 11:00, hora habitual durante o inverno, comezará o traballo ás 10:30 para, ao concluír, partir de viaxe a Logroño, vía Bilbao para visitar o sábado 10 de febreiro ás 18:00 (FEF TV) nas Gaunas á SD Logroñés.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK