RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

A campioa de Europa Lucía Rivas, deportivista até 2027

Lucia Rivas Moure (Caldas de Reis, Pontevedra, 23 de agosto de 2007), actual campioa de Europa sub-17 e un dos grandes talentos de ANOSACANTEIRA, será deportivista polo menos até xuño de 2027.

Debutou co primeiro equipo o 7 de xaneiro de 2024 en Abegondo ante o CD Alba Fundación Femenino. Esta mesma temporada (2023-24), participou noutros 8 encontros co Deportivo ABANCA en Primera Federación Iberdrola.

No filial en Tercera Federación foi titular en 18 partidos e marcou 10 goles.
 

A temporada 2022-23 Lucía Rivas xogou con licenza do Orzán SD, onde se proclamou campioa da Liga Galega cadete. Tamén foi campioa da Copa da Coruña co Orzán SD Xuvenil.
 
Así mesmo, foi habitual nas convocatorias e nos equipos iniciais do Depor ABANCA B. Co filial branquiazul xogou 1.583 minutos, anotou 3 goles e repartiu 6 asistencias.
 
Ademais de sub-17, Lucía Rivas, que se recupera dunha lesión de xeonllo sufrida en pretemporada nun amigable co Dépor ABANCA, é internacional sub-16.