RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Consello de administración

Image

PRESIDENTE

Image

JUAN CARLOS ESCOTET RODRÍGUEZ

Madrid, 1959

Economista e banqueiro venezolano e español. É o propietario do banco ABANCA, fundador do banco Banesco e presidente de Banesco Internacional. 

CONSELLEIROS

Image

MASSIMO ADALBERTO BENASSI

Pordenone (Italia), 1991

Licenciado en dereito, con proxecto de fin de carreira no ámbito do dereito deportivo, é máster en dereito deportivo pola Universidade de Bolonia e MBA en xestión de entidades deportivas da Escola Universitaria do Real Madrid.

Massimo Adalberto Benassi incorporouse ao RC Deportivo o 21 de xuño de 2022 como director de desenvolvemento de negocio. Até ese momento, Benassi exercera como director de desenvolvemento de negocio e mercadotecnia da UD Eivissa. Antes de incorporarse ao club insular, en setembro de 2018, exerceu de asistente do director xeral do CD Leganés na temporada 2017-2018.

 

Image

MICHELLE CLEMENTE ESCOTET

Caracas (Venezuela), 1994

B.A. en Business Management pola Universidade de Carolina do Norte de Chapel Hill. Foi xogadora do Dépor ABANCA e da selección venezolana Sub-17 e Sub-20. Participou no Mundial Sub-17 en 2010, no Campionato Suramericano Sub-17 e Sub-20 e disputou a Copa Libertadores en 2011. Actualmente traballa na xestión do sector Hospitality (F&B) e no desenvolvemento de estratexias empresariais. É experta en análise financeira, optimización de procesos e cumprimento normativo. Anteriormente, desenvolveu a súa carreira nas áreas de Medios de Pago, Mercadotecnia e Responsabilidade Social Corporativa.

Image

MARTA FERNÁNDEZ CURRÁS

Vigo, 1963

Licenciada en Ciencias Empresariais. Ha ejernido de Inspectora de Facenda e interventora e auditora do Estado. Ademais de ser ex conselleira de Facenda da Xunta. Na actualidade é conselleira independente de Ecoener. 

 

Image

CARLOS ALBERTO BALLESTA EDREIRA

San Pedro de Nós (Oleiros, A Coruña), 1955

Vinculado ao Deportivo como futbolista, adestrador e observador durante case 40 anos. Chegou ao equipo Xuvenil en 1970, subiu ao Fabril en 1973, saltou ao primeiro equipo en 1974 e nel xogou 278 encontros oficiais ata que se retirou en 1985. Entre 1986 e 1995 exerceu como segundo adestrador con Eusebio Ríos, Luis Rodríguez Vaz e con Arsenio Iglesias e desde 1995 até 1999 como técnico do Fabril. Desde 2014 forma parte da organigrama de #ANOSACANTEIRA no seu departamento de Captación.

Image

BENITO COUCEIRO

A Coruña, 1972

Doutor en dereito e profesor universitario. É director das áreas de Operacións de Capital Humano e Socios de Negocio de Servizos Centrais de ABANCA e responsable de Relacións Laborais.

Image

JOSÉ VICENTE FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

Caracas (Venezuela), 1969

Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, con especialización en deportes de equipo, principalmente fútbol, baloncesto e balonmán. Conta con formación complementaria en Ciencias da Actividade Física, Deporte e Saúde, en INEF Galicia. A súa traxectoria profesional desenvólvese integramente no mundo do deporte. Foi adestrador e preparador físico no Básquet Coruña, técnico nas escolas deportivas de baloncesto e fútbol da Coruña, e técnico deportivo das actividades físico-deportivas e de saúde en Abegondo.