Veteranos
A Asociación de Veteranos do Deportivo naceu no ano 1995, aínda que non foi até 2014, exactamente o 17 de marzo daquel ano, cando asina un convenio de colaboración co Club.
Presidida por Manuel Ríos Quintanilla "Manolete", xogador deportivista entre 1964 e 1972, a Asociación participa en actos benéficos por toda a xeografía galega, coa disputa de partidos cun equipo formado por ex xogadores branquiazuis, co obxecto de recadar fondos a favor de diferentes causas.
O seu equipo xogou o campionato nacional de Liga de Fútbol Indoor (competición disputada entre 2008 e 2014), inicialmente conformada por todos os clubs que se proclamaron algunha vez campións de Liga de Primeira División. Os ex futbolistas branquiazuis lograron senllos dobretes, conquistando a Liga e a Copa tanto en 2008 como en 2010.