RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Os "Días DÉ" en ABANCA-RIAZOR renden tributo aos exfutbolistas do RC Deportivo 

O RC Deportivo continuará o vindeiro domingo 8 de outubro, no terceiro partido de Liga en ABANCA-RIAZOR, fronte ao RC Celta Fortuna (19:00 horas), coa iniciativa "O Día Dé", coa que abre o Palco de Honra do Estadio á afección e á cidadanía. Nesta ocasión será "O Día Dé os Veteranos do RC Deportivo", en recoñecemento aos xogadores que defenderon a camiseta branquiazul no pasado.

O Club quere deste xeito render homenaxe aos máis de mil exfutbolistas que defenderon #asnosascores ao longo destes case 117 anos de existencia, que estarán representados por medio centenar de compañeiros que xogaron no Dépor en diferentes épocas. Todos eles gozarán do partido desde o palco principal do recinto, a localidade máis exclusiva e con mellor visibilidade de ABANCA-RIAZOR.

A Asociación de Veteranos do RC Deportivo, presidida por Manuel Ríos Quintanilla 'Manolete', colaborou co Club para levar a cabo esta iniciativa.

En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada, máis da metade das localidades do Palco de Honra estarán dedicadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector da afección, para facer a entidade máis próxima e dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.