RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Inaugurada a peña deportivista Rubio

Os futbolistas Antonio David Álvarez 'Davo', Rafa Obrador, Eva Dios e Lucía Martínez; acompañados polo conselleiro do RC Deportivo Carlos Ballesta, participaron na inauguración onte xoves da Peña Deportivista Rubio.

A sede desta nova agrupación branquiazul é o Bar Madison, sito na Avenida Arteixo, 103.

A celebración, acompañada dun músico, gozou dun bo intre en clave deportivista con firma de autógrafos e fotos cos xogadores. A inauguración concluíu cun emotivo discurso do presidente e a entrega dunha placa conmemorativa e unha camiseta por parte do Club.

La Peña Rubio é a primeira agrupación bautizada esta semana e a terceira da temporada, despois das peñas Irmandade e Karallada.