RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Inaugurada no berce da Costa da Morte, Corcubión, unha nova pena branquiazul, a Ave César

A Costa da Morte pode presumir de contar cunha nova peña deportivista, a Ave César, sita no Bar Suíza de Corcubión.

Juan Carlos Cristino Lago é o presidente desta agrupación branquiazul, cuxa inauguración contou cunha nutrida representación de #ANOSAFORZA e da directiva da Federación de Peñas encabezada polo seu presidente, Luis Martínez.

Os futbolistas Jaime, Petxarroman, Michi Apóstol e Elena Vázquez, xogadora oriúnda da comarca, foron os padriños da Ave César, 5ª agrupación inaugurada no que vai de temporada 2024-25 após a Irmandade Branquiazul, Karallada, Rubio e Mar de Fora.