RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Foto co Dépor

Queres formar parte da foto oficial do DÉPOR en ABANCA-RIAZOR?

Se tes entre 4 e 12 anos e es socio/a ou accionista do Dépor (ou fillo/a de socio/a ou accionista do Dépor) e queres facerche a foto en o Estadio ABANCA-RIAZOR co once titular do Dépor antes dun partido, cobre cos teus datos o seguinte formulario até 72 horas antes da hora de inicio do encontro.

Se hai prazas diponibles, recibirás unha resposta ao correo electrónico facilitado co procedemento a seguir o día do partido para poder faceche unha foto para a que deberás vestir o equipamento oficial do RC Deportivo.

Os adultos non poderán acceder ao Estadio e terán que esperar ao regreso do/a menor co persoal encargado ao momento de entrega e recollida.

No caso de que o número de solicitudes para a foto nun partido concreto supere o número autorizado (25 persoas), procederase a anotalos para o encontro seguinte no que sexa posible facerse a foto nun procedemento do que se informará sempre, e exclusivamente, por correo electrónico.

Ao encher o formulario de solicitude, presentarse e facer a fotografía co equipo, os pais ou titores do/a menor aceptan expresamente que a imaxe se exhiba en calquera medio do RC Deportivo ou medio de comunicación acreditado ante o Club para a súa posible publicación e descarga.

Información básica sobre Protección de Datos:

Responsable: REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA SAD con domicilio social en praza de Pontevedra 19, 1º 15003, Teléfono 981259500 e CIF número A-15.023.070. dpo@rcdeportivo.es

Finalidade: Xestionar a solicitude de facer a foto co once titular do Dépor antes dun partido no Estadio ABANCA-RIAZOR incluíndo calquera comunicación relacionada coa mesma. 

Legitimación: Permiso e consentimento do titular dos datos.

Destinatarios: Empresas do grupo empresarial REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA SAD. 

Dereitos: Pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación e portabilidad acreditando a súa identidade ante o Responsable do Tratamento que lle indicamos anteriormente. 

Información adicional: Pode atopar máis información na seguinte ligazón POLITICA DE PRIVACIDADE