RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Rugby

Image

UN PARTIDO, SÓ UN, PERO PARA A POSTERIDADE

O RC Deportivo forma un equipo de rugby para disputar o primeiro partido deste deporte na cidade en 31 anos. Non se rexistra actividade rugbística na Coruña desde o 12 de febreiro de 1911, cando membros dos buques Liverpool e Gloucester, fondeados no porto herculino, disputan un dos primeiros partidos do deporte do balón oval do que se ten constancia en toda España.

Os branquiazuis montan un conxunto que se mide ao SEU (Sindicato Español Universitario) de León, partido cuxa recadación é destinada aos clubs modestos de fútbol da cidade. O conxunto leonés imponse por 9-0, mercé a tres ensaios. O RC Deportivo forma co seguinte XV: Pérez - Seguí, Gubert, Pol, Fabra - Tello, Tortosa - Fernández, Novell, Arizmendi - Font, Calders - Carreira, Ibáñez e Masjuán.

A sección non tivo percorrido máis aló aquel 28 de xuño de 1942 no que o equipo leonés levou unha copa doada polo atleta e adestrador do equipo de fútbol deportivista, Celso Mariño. O partido disputouse no Parque de Riazor e, iso si, foi o primeiro xogado por 'rugbiers' autóctonos en territorio herculino.