RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Historia

Image

O RC Deportivo conquistou sete títulos oficiais ao longo da súa historia. Un Campionato de Liga (1999-2000), unha Copa España (1912), dúas Copas do Rei (1995 e 2002) e tres Supercopas de España (1995, 2000 e 2002). O RC Deportivo é un dos nove clubs que foi capaz de vencer a liga española, da que ademais foi subcampión en cinco ocasións: 1949-1950, 1993-1994, 1994-1995, 2000-2001 e 2001-2002. Tamén se proclamou campión da Segunda División en cinco ocasións (1961-1962, 1963-1964, 1965-1966, 1967-1968 e 2011-2012), aínda que nas catro primeiras dita categoría estaba dividida en dous grupos e o RC Deportivo foi primeiro clasificado do Grupo Norte. Tamén foi campión de Terceira División na única campaña na que militou na devandita categoría (1974-1975). Nas súas primeiras décadas de vida, o RC Deportivo conquistou seis Campionatos de Galicia, en 1927, 1928, 1931, 1933, 1937 e 1940.