Ignacio García Vázquez, coordinador do fútbol base e directivo do RC Deportivo entre 1986 e 1988, faleceu aos 77 anos de idade
Ignacio García Vázquez (A Coruña, 26 de setembro de 1946), que foi coordinador do fútbol base e directivo do RC Deportivo a mediados dos anos 80, faleceu hoxe luns 13 de maio aos 77 anos de idade.
Máis coñecido como 'Nacho' ou 'El Presi', polo seu labor no Maravillas SD, chegou ao RC Deportivo da man do presidente Andrés García Yáñez o 2 de xuño de 1986, para coordinar as categorías inferiores xunto a Orlando Vázquez, do Orillamar SD.
O 1 de decembro de 1987 pasou á Xunta Directiva para exercer como vogal, até a entrada do Consello encabezado por Augusto César Lendoiro o 17 de xuño de 1988.
O RC Deportivo desexa mostrar o seu máis sentido e sincero pésame a familiares e amigos de Nacho. DEP.