RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAHISTORIA

O RC Deportivo recibiu en ABANCA-RIAZOR a Pauleta, campión de Liga como branquiazul en 2000

O RC Deportivo recibiu no Estadio ABANCA-RIAZOR a Pedro Miguel Carreiro Resendes, máis coñecido como Pauleta, que foi xogador deportivista entre 1998 e 2000 e parte do equipo que conquistou o Campeonato Nacional de Liga de Primera División e a segunda Supercopa de España.

O Conselleiro Carlos Ballesta exerceu de anfitrión para Pauleta, que volveu de visita á Coruña coa súa familia despois de 15 anos sen viaxar á capital herculina. O ex ariete actualmente exerce como director de categorías inferiores da Federación Portuguesa de Fútbol.

O ex futbolista portugués, que desexou sorte ao equipo nesta recta final de temporada, xogou dúas temporadas completas e o inicio doutra co Deportivo, co que disputou 78 encontros oficiais e marcou 22 goles. O dianteiro portugués fichou polo conxunto coruñés no verán de 1998 e foi traspasado ao FC Girondins de Bordeaux francés xusto despois de conquistar a Supercopa de España ao comezo do curso 2000-01.

Pauleta xogou 58 partidos e marcou 18 goles en partidos de Primera División, aos que hai que engadir 12 encontros e 1 tanto en Copa del Rey, 7 choques e 3 dianas en Copa da Uefa e 1 aparición en Supercopa de España.