RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A canteirá Claudia Sande incorporouse hoxe martes á selección española sub-14

A orzanista Claudia Sande incorporouse hoxe martes a uns adestramentos coa selección española sub-14 que teñen lugar na localidade segoviana de Los Ángeles de San Rafael até o xoves 25 de abril.

A moza dianteira milita no Orzán SD Infantil A Femenino de Liga Galega, equipo co que esta temporada anotou 28 goles en 19 partidos xogados.

Claudia Sande únese así á lista de membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antía Veiga, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Michi Apóstol e Álex Delgado con Venezuela.