Mella exhibe "felicidade e ambición" e Barbero asegura que "era a hora de facer un bo partido en ABANCA-RIAZOR, merecíao a nosa xente"
David Mella e Iván Barbero pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o enfrontamento ante o CD Castellón.
O bigoleador móstrase "moi feliz" e, sobre todo, con "felicidade e ambición" de cara ao encontro deste domingo 22 de decembro ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés.
No apartado persoal, David, que sente "ao 100%", reitera con respecto aos seus dous tantos que "o importante é axudar ao equipo". Tamén asegura que lle veu ben descansar debido á súa expulsión fronte ao Cádiz e o partido aprazado fronte ao CD Tenerife.
Finalmente, aproveitou para enxalzar a figura de Iván Barbero: "Merécese moito máis, porque traballa moi duro día a día". "Hoxe o seu partido é de nota 10", destaca.
Precisamente Iván Barbero mostrouse "moi contento polo gol" e destacou que "era a hora de facer un bo partido en ABANCA-RIAZOR. Merecíano a nosa xente".
Considera que se coñecía ao rival do ano pasado e coa rapidez por bandas do equipo "aproveitamos ben as debilidades do xogo do CD Castellón". "Son partidos bastante divertidos para nós", engade.
Conclúe o dianteiro andaluz que, no persoal, "ser un encordio para os centrais é o meu traballo e gústame moito". O ariete deportivista resalta a felicidade que é para un dianteiro facer gol, pero que "me centro no día a día e en mellorar en todo o que poida".