Óscar Gilsanz: "Esa enerxía que nos transmitimos mutuamente ABANCA-RIAZOR e o equipo é o camiño polo que queremos viaxar"
Óscar Gilsanz manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que este resultado é "moi importante", lembrou que na previa pediu "aproveitar esa enerxía coa que quedaron os futbolistas o outro día en Tenerife cando a xente chegou ao hotel" e afirmou que esta noite "ABANCA-RIAZOR foi parte moi importante da remontada".
O técnico deportivista opina que "con esa enerxía que nos transmitimos mutuamente ABANCA-RIAZOR e o equipo é o camiño polo que queremos viaxar no próximo partido", este domingo 22 de decembro ás 21:00 horas ante o CD Mirandés.
Declárase "firme defensor de que os equipos, para ser fortes, deben desenvolverse en diferentes contextos. En 3 días temos outro partido que vai ser totalmente diferente ao que vimos hoxe. Quereriamos outro partido como o de hoxe pero non vai ser así e imos tratar de sacalo adiante, de sumar os 3 puntos".
Quere ante os burgaleses "aproveitar esta enerxía que nos dá o partido de hoxe pero sabendo que a nivel táctico vai ser outra cousa diferente".
Conclúe que o Dépor "debe desenvolverse en diferentes situacións" e cre que "hai que valorar que fósemos capaces de impornos a este CD Castellón, que é un equipo moi ben traballado, que o que fai faio moi moi ben. Neste contexto de partidos fomos efectivos tamén e fomos capaces de impornos nese corpo a corpo".