RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Diogo Salomão reforza ao Deportivo

Diogo Ferreira Salomãou (Amadora, Lisboa, 14/09/1988) convértese en novo xogador do Deportivo tras o acordo de cesión por unha tempada ao que chegaron hoxe o Deportivo e o Sporting Clube de Portugal. Deste xeito, o interior portugués

Tras a grave lesión sufrida o pasado 2 de marzo en Riazor fronte ao Hércules (rotura de ligamento cruzado anterior) o xogador atópase en pleno proceso de recuperación. Tras a avaliación satisfactoria á que foi sometido polos servizos médicos do Deportivo, o xogador continuará coa súa recuperación na Coruña a partir do próximo luns, antes de incorporarse ao traballo co grupo dependendo da súa evolución: "é unha lesión moi longa, ao principio custoume moito, tiven dificultades pero agora xa estou nunha fase moi tranquila, de máis exercicios de campo, algúns con balón, e iso dáme ánimo para seguir recuperándome ben.", afirmou o pasado luns.

Salomão mostrouse encantado de estar de novo en Coruña "é como a miña segunda casa, estou contento por volver porque o Deportivo é sempre a primeira opción."