O Dépor arrinca esta tarde unha longa semana de preparación do partido en Castelló
Os caprichos do calendario fixeron que o Dépor recibise ao Córdoba CF o venres 7 de marzo en ABANCA-RIAZOR e visitase na xornada seguinte ao CD Castellón o luns 17 ás 20:30 horas (LaLiga TV Hypermotion).
Dez días entre os dous partidos dan para todo: sesión de recuperación, longa fin de semana de descanso e 6 sesións de traballo desde esta tarde até o choque en Castalia.
O cadro arrincou con sesión de vídeo no vestiario.
A continuación, no campo 3, os preparadores físicos dirixiron unha activación con roda de pases nas que estivo presente todo o cadro salvo Gauto.
Xa baixo as rendas de Óscar Gilsanz e David Lagar houbo un exercicio de transicións ofensivas e un partido a tres cuartas partes de campo; exercicios nas que xa non participou Escudero.
Alberto foi o representante de #ANOSACANTEIRA.
Mañá mércores Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 en Abegondo.